
Nado en Guísamo (Bergondo) en 1961, é un escritor galego. Ten publicado varios artigos sobre Historia da Arte, pero é máis coñecido como poeta. Ten publicado "A tensa calma da catapulta" (Positivas, 2003), "Amebas" (Sociedade de Cultura Valle Inclán, 2008) e "Nadja c'est moi" (Espiral Maior, 2008). Participou tamén na obra colectiva "Galiza cajun" (2009).
Ademais, gañou os seguintes premios:Premio de poesía Concello de Carral no 2007, por "Nadja c'est moi"; Accésit do Premio Esquío de poesía no 2008, por "Amebas"; e Premio de poesía Concello de Carral no 2017, por "Das árbores tropicais e do amor".
Obras do autor
- A Traxedia da Arquitectura - 2019 - Premio Xosé María Díaz Castro de Poesía



